PRÓXIMO ENCONTRO DO MOSAICO DA MEMORIA, A CORUÑA.

 Xa temos data para o próximo Encontro do Mosaico da Memoria, será na Coruña e dentro do programa de autocoidados feministas Arrolar na Creatividade. Noelia e Raquel da cooperativa Atalaia contaron comigo para esta ocasión, gracias. 

 

 

Na facultade de CC da Educación realizaremos o Encontro o venres 8 de maio as 1630 horas, espero verte alí. Contáctame se tes algunha dúbida. En www.tallerdepolo.com me atopas fácil. 

 Deixo aquí información sobre os Encontros, que son gratuítos,  e o que tes que levar ou ter en conta. 

 

O Mosaico da Memoria é unha obra que se enmarca dentro da arte relacional e participativa. Para iso, Polo, a artista, convídanos a participar nun encontro no que crearemos pezas individuais que formarán parte dunha instalación: un mosaico. Os eixos desta son:

  • Que a arte teña un significado e un compoñente social, xerando relacións e prácticas valiosas das que emerxe a obra final.

  • Que todas poidamos participar na creación dunha imaxe significativa que aporte unha nova representación da muller e tamén dos coidados.

  • A arte pode xurdir de materiais sinxelos, reutilizados e ordinarios, nos que tamén se atopa beleza.

  • Dar visibilidade ás nosas mulleres referentes e, polo tanto, á historia dos coidados, abrindo un contexto creativo e afectuoso.

  • Que a nosa visión (esta representación) e a nosa historia se mostren ao público en contextos axeitados, polo que se promove a exposición pública do Mosaico da Memoria.

Como “funciona” o Mosaico da Memoria? Como se crean as peciñas que o forman?

  • Unha vez teñamos o listado de persoas anotadas para realizar a actividade, convidarémolas a indagar no seu arquivo fotográfico familiar na busca desas mulleres referentes na súa historia de vida (ou no eido social). Pódese promover unha busca máis concreta, como a das mulleres do rural ou as mulleres labregas, para dar visibilidade a un colectivo específico. 

     

  • Cada participante traerá copias desas imaxes fotográficas, que servirán para presentalas ao grupo e tamén para realizar un pequeno diorama con elas. Tede en conta o tamaño da caixa que servirá de base. Podes traer elementos que te fagan pensar nesa muller referente: teas, unha cor que lle gustaba, ... déixate levar pola tua imaxinación e conecta coa túa historia. 

     

  • Reutilizamos caixas de media ducia de ovos de Pazo de Vilane, que nos serven como estrutura base para elaborar individualmente o noso diorama, empregando o colaxe e elementos sinxelos presentes na vida cotiá. As medidas aproximadas son 17 x 11 x 6 cm.

  • O Mosaico da Memoria estivo exposto no ano 2025 no espazo artístico Local de María Xosé Díaz, en Teo, e no ano 2024 na Casa Museo María Pita da Coruña.

Publicacións populares