MOSAICO DA MEMORIA NO CONCELLO DE MIÑO

  Con motivo da conmemoración do 8 de marzo de 2026 o Concello de Miño apostou por unha actividade artística e participativa que pon en valor a historia das nosas mulleres referentes: avoas, nais, tías, mestras, amigas, etc.

 


 Fotografías de @edgardorosalesphotos

 Gracias a Catalina, Concelleira de Cultura pola confianza depositada na arte e nas artistas locais.  

 Os obradoiros levaronse adiante o venres seis de marzo no Centro Social de Callobre e no Centro Social de Ponte do Porco poñendo especial énfase en dar voz e visibilidade á muller labrega e á muller do rural. Con esta actividade que implica á veciñanza das parroquias e do concello compartimos a historia das nosas nais, avoas e tantas mulleres invisibles. 



 O 8 de marzo fixemos exposición do Mosaico no Centro Social da Rúa, compartimos experiencia e dimos voz ás nosas mulleres referentes. 

 No evento estiveron o alcalde do Concello e a Concelleira de Cultura así como as persoas participantes dos talleres e veciñanza 

 


 


Publicacións populares