MOSTRA DE LABORATORIA
A nosa exposición de Laboratoria continua ata o día 27 de xuño no Estudio de MJ Barbeito, Betanzos.
Anímote a que te deas un paseo por Betanzos e coñezas o Estudio de Barbeito e desfrutes da nosa mostra.
Obras e procesos de creación abertos nos últimos nove meses; Barbeito, Lore, Polo, Roma Pernas, Salicornia, Sira, Vann, Violeta González Otero.
A Mostra Laboratoria recolle obras realizadas no último ano e que teñen en común a revisión de estereotipos e construcións ligadas ao xénero, tamén nos ofrece información acerca dos procesos de creación das participantes; Lore, Roma Pernas, Salicornia, Sira Lorenzo, Vann e Violeta Gonzalez Otero.
Na mostra abórdanse temas de actualidade como as relacións de coidados na medicina actual, os medos e baleiros que xera a sociedade que transitamos ou a defensa da natureza.
A exposición permanecerá aberta durante o mes de xuño e, poden solicitarse visitas guiadas poñéndose en contacto co Estudio de MJ Barbeito.



